Feeds | RSS
  Artículos
  Comentarios

peixe fresco

geivotas 2

Mirei ó ceo.

Logo, ó chan.

Alí, a ras de pedra, rebulía o peixe fresco.

Mini letanía 6N

6N26N1

Compostela varada, presa, secuestrada.

Compostela perplexa, desconcertada, alelada.

Compostela santificada.

Compostela empapada.

Cansada.

Outras bandeiras son posibles

Toalla 1toalla 2

Inda pendolea nalgunhas fiestras o amor patrio do gol de Iniesta pero xa levan un tempo agromando

as bandeiras de temporada.

A primeira topeina para “ Galiza Cajun” de A. Regueiro. É un faro para tropas desmoralizadas. Ánimo valentes, o mar está aí!

A segunda é unha mostra da capacidade que estas bandeiras teñen de interactuar co elemento humano, ese apoio loxístico mudo e desinteresado para galvanizar as ferrallas deixadas na tropa polas escaramuzas do exército invernal.

Saramago

pecadores

Hoxe tocaba embocar o camiño da praia  co permiso do FMI . Foise Saramago. Opinabamos moi parecido do FMI e de otras entidades. A fotografía ten que ser necesariamente de esmagados. Das clases pecadoras que como ben sabemos sempre son as mesmas.

Galiñas

galiñas

Nós. Acubillados e de todos xeitos enchoupados. Jiados, apanpados. Malgobernados por goberneiros gobernados.

Coido que é o momento de irse mollar ó mar e quentar a pel ó sol, naturalmente cando o FMI y otras entidades decidan que pare de chover.

Nostalxias do Tuenti

Nenos

Cando fixen esta foto eu xa era un mozo. Sempre pensei que me fotografara a min mesmo.

Creo recordar que estes nenos tiñan seis quilómetros de redes sociais ó día. Tres de ida e tres de volta.

Karmeliña

Karmeliña

Mirade que fermosa moza. Cada primavera, coma orballo de abril, pousalle unha nova flor.

modus vivendi 1

Modus vivendi 1

Cada un vive como lle sae do/a…

Cada un vive como pode.

Que esconde tanta fe debaixo dos carapuchos?

E ese entusiasmo civil o redor do crucificado?

E os nenos triturados?

Milk express

Milk

Nova cadea de establecementos dentro da campaña  “Alimentación san para o peregrino”

Very, Very Delicious.

A chousa

Tartaruga

Esta tartaruga inda é a do 2009. Ben… é tamén a de 2008, 2007 e así, en esa dirección, ate

onde lle queirades poñer. Míroa e coido que sobre todo será a de 2010, 2011 e así, en esa dirección…..

Convénnos debrozar as xestas, as uces e outras especies que a afogan?

Afógana? Danlle a vida? Que tipo de millo sementaremos alí se desbrozamos ?

…e Aldán

Aldan

…mesma dimensión?

Non.

Con grada de ría .

 

Estadios

Esculqueira

Heysel.

La Bombonera”.

Anfield.

San Mamés.

Maracaná.

Nou Camp.

Pasarón

e

Esculqueira

estradas

Dunha banda Compostela e doutra Porto. Acedo ó punto fotografado por unha corredoira desorientadora. Diríxome a Compostela. Para onde tirar? Non teño carballo a man que me marque o norte. Decido utilizar as propias infraestruturas da Galiza e Portugal como GPS.

… non erro.

Porta Santa

porta-santa

Un dos vintecatro Sabios. Pedra sobre a pedra, reivindicación e paciencia.

Dignidade e paciencia.

Moita paciencia…

Goodbye OFF

off

 

        Alguén sinteu esa brisa na súas velas?  O recendo do Outono reparador?

En obras

en-obras

                                                                              E ti, de quen es?

                                                                             Con que cobertor te acubillas?

Posts viejos »